William Conybeare
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1787 Horsham, Reino Unido |
Morte | 12 de agosto de 1857 (70 anos) Winchester, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Cemitério de Brompton (pt) |
Residencia | Gran Bretaña |
Relixión | Anglicanismo |
Educación | Christ Church College Westminster School |
Actividade | |
Ocupación | paleontólogo, xeólogo |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Conybeare |
Familia | |
Cónxuxe | Sarah Anne Ranken |
Fillos | William John Conybeare, Mary Elizabeth Conybeare, John Charles Conybeare |
Pais | William Conybeare e Margaret Hester Oliver |
Irmáns | John Josias Conybeare |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography The Nuttall Encyclopædia >>>:Conybeare, William Daniel Alumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715–1886 (en) |
William Daniel Conybeare, nado o 7 de xuño de 1787 e finado o 12 de agosto de 1857, foi decano de Llandaff, xeólogo, paleontólogo e clérigo inglés. En xeral, é coñecido polos seus traballos innovadores sobre fósiles e escavacións na década de 1820. Estes inclúen artigos importantes sobre anatomía de animais extintos e varios para a Geological Society (a Sociedade Xeolóxica de Londres).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estratigrafía
[editar | editar a fonte]Conybeare destacouse na estratigrafía do período Carbonífero (entre 280 e 345 millóns de anos atrás) en Inglaterra e Gales.
En 1822, xunto con William Phillips, publicou a obra clásica "Outlines of the Geology of England and Wales", onde se utilizaron fósiles para datar formacións sedimentarias. Este libro resume as capas xeolóxicas de Gran Bretaña até o Carbonífero.[1]
Paleontoloxía
[editar | editar a fonte]Na paleontoloxía, Conybeare fixo contribucións importantes. En 1821, realizou a primeira descrición científica do ichthyosaurus, un réptil mariño extinto. Os seus estudos sobre a súa anatomía foron fundamentais para a comprensión destes animais. Ademais, fixo a primeira descrición científica publicada dun plesiosauro.[2]
Pasamento
[editar | editar a fonte]Conybeare enfermou en xullo de 1857 mentres viaxaba a Weybridge, Surrey, para ver ao seu fillo máis vello, William John, que estaba gravemente enfermo. Pouco despois, o 12 de agosto de 1857, faleceu en Itchen Stoke, Hampshire.[3] Nesta localidade, o seu fillo Charles Ranken exercía como párroco na igrexa local.[4] Máis tarde, outro fillo, Henry, construíu unha nova igrexa en substitución da existente. WD Conybeare foi soterrado preto do Consello de Clérigos da Catedral de Llandaff, e a súa tumba está marcada cunha cruz e un memorial.[5]
Obras
[editar | editar a fonte]- ''Outlines of the Geology of England and Wales, With an Introductory Compendium of the General Principles of That Science, and Comparative Views of the Structure of Foreign Countries. Part I", (Londres, 1822)'', coautor W. Phillips.
- ''Observations on the South Western Coal District of England,'' in ''Transactions of the Geological Society of London'', 2ª ser., 1, pt. 1, (1822). 210–316. Coautor W. Buckland.
- ''Memoir Illustrative of a General Geological Map of the Principal Mountain Chains of Europe,'' en 'Annals of Philosophy', n.s. 5 (1823), 1–16, 135–149, 210–218, 278–289, 356–359; n.s. 6 (1824), 214–219.
- ''Notice of a Discovery of a New Fossil Animal, Forming a Link Between the Ichthyosaurus and the Crocodile; Together With General Remarks on the Osteology of the Ichthyosaurus,'' en Transactions of the Geological Society of London, 5 (1821), 558–594.
- ''Additional Notices on the Fossil Genera Ichthyosaurus and Plesiosaurus,'' ibid., 2ª ser., 1 pt. 1 (1822), 103–123; e ''On the Discovery of an Almost Perfect Skeleton of the Plesiosaurus,'' ibid., pt. 2 (1824), 381–389. Coautor H. T. De La Beche.
- "On the Hydrographical Basin of the Thames, With a View More Especially to Investigate the Causes Which Have Operated in the Formation of the Valleys of That River, and Its Tributary Streams,'' en Proceedings of the Geological Society of London, 1, no. 12 (1829), 145–149.
- "Answer to Dr Fleming's View of the Evidence From the Animal Kingdom, as to the Former Temperature of the Northern Regions,'' en Edinburgh New Philosophical Journal, 7 (1829), 142–152.
- ''On Mr Lyell's 'Principles of Geology','' en Philosophical Magazine and Annals, n.s. 8 (1830), 215–219; e ''An Examination of Those Phenomena of Geology, Which Seem to Bear Most Directly on Theoretical Speculations,'' ibid., 359–362, 401–406; n.s. 9 (1831), 19–23, 111–117, 188–197, 258–270.
- Inquiry How Far the Theory of M. Élie de Beaumont Concerning the Parallelism of the Lines of Elevation of the Same Geological Area, Is Agreeable to the Phenomena as Exhibited in Great Britain,'' en Philosophical Magazine and Journal of Science, 1 (1832), 118–126; 4 (1834), 404–414.
- ''Report on the Progress, Real State, and Latent Prospects of Geological Science,'' in ''Report of the British Association for the Advancement of Science'', 1831–2 (1833), 365–414.
- ''An Analytical Examination into the Character, Value, and Just Application of the Writings of the Christian Fathers During the Ante-Nicene Period: Being the Bampton Lectures for the Year MDCCCXXXIX'' (1839).
- ''A Critique of Uniformist Geology: A Letter from W. D. Conybeare to Charles Lyell, 1841,'' en Proceedings of the American Philosophical Society, 111 (1967), 272–287. Coautor M. J. S. Rudwick.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Conybeare, William Daniel; Phillips, William (1822). Outlines of the Geology of England and Wales: With an Introductory Compendium of the General Principles of that Science, and Comparative Views of the Structure of Foreign Countries ... (en inglés). W. Phillips.
- ↑ "William Daniel Conybeare; Victorian Era, Geology & Palaeontology". www.britannica.com (en inglés). 2024-06-03. Consultado o 2024-07-09.
- ↑ Taylor, S. (ed.) (1999), From Cranmer to Davidson: A Church of England Miscellany. Boydell & Brewer
- ↑ (Obituario en Gent. Mag. Set. 1857, p. 335)
- ↑ F.J. North,(1933) "Dean Conybeare, Geologist", Reports and Transactions of the Cardiff Naturalists' Society, Vol. 66, pp. 15–68
Vexase tamén
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: William Conybeare |